
Prohíbese, por orde da Alcaldia,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exmpro ás nenas castas
i aos fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai sequia
pra que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
Están fora de Lei
as estrelas, a Primaveira,
as flores i os paxaros.
Dase este bando en tal e cual
pra que se cumpra de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado
MANUEL MARIA,Documentos peronaes
Jopeee que no lo entiendo =(
ResponderEliminarmuaaaa
Nunca lo había leido, me gusta!No soltaré ninguna gallegada porque luego te reirás como con lo de zarapallo que puse en el foro jajaja
ResponderEliminar1.Laura como no vas a entender eso?Es gallego, no ruso xDD
2.Ayer de noche me vi el 2x25, pooooorfavor, ya verás Chuck xD
Pues yo tampoco entiendo ni pa.. XD
ResponderEliminar